New York Times

New York Times
[PUBLIC]

Xornal publicado en EE UU a partir do 18 de setembro de 1851. Fundado por Henry Raymond e George Jones, en agosto de 1896 foi adquirido por Adolph S. Ochs. Desde ese momento, a familia Ochs-Sulzberger liderou o xornal durante catro xeracións e converteuno en piar do progresismo moderado do país, cun xornalismo afastado do sensacionalismo e a parcialidade política do emporio de Hearst. Seguindo o lema “Without fear or favor”, o xornal caracterizouse polas críticas construtivas ao goberno, como a que fixo coa publicación dos “papeis do Pentágono”. No deseño ofreceu innovacións como a separación do xornal en catro cadernos en lugar de dous, o que deu lugar á aparición doutras seccións (Deportes, Ciencias ou Arte). En 1993 incorporou a cor ás súas páxinas e abriu edicións noutros idiomas. Ten no seu haber máis de 100 premios Pulizter. Incluído dentro do grupo de comunicación de AOL-Time Warner, é o segundo xornal do país en distribución, tras o Wall Street Journal.

Palabras veciñas

New Orleans | New York | New York Stock Exchange | New York Times | newari | Newark | Newcastle